VI Edición do Seminario Hábitat a Escala Humana: Entre paradigmas

O mércores 14 de outubro dará comezo a VI Edición do Seminario Hábitat a Escala humana, que contará con outras dúas sesións os xoves 22 e 29 tamén de outubro. Unha edición totalmente online nesta ocasión, por motivos que a ninguén se nos escapan.

Queremos reflexionar e compartir ideas e experiencias sobre a educación, os espazos e tempos para iso, os coidados, o hábitat digno e a vida digna… Sempre…, máis aínda no marco da vivencia dunha pandemia global que nos reta; que xera ameazas e oportunidades para transformar o mundo e o que nos ocupa… a educación nun sentido amplo e a transformación social. Acompañarannos para iso persoas con traxectorias, ideas e experiencias que seguro nos estimulan e achegan para pensar xuntas…

Espazos e tempos para a vida e a educación entre paradigmas

Que é hoxe unha vida digna, un hábitat digno?
Como esta crise ecosocial e pandémica está a redefinir esta idea?
Que oportunidade tráenos este momento de cuestionar – caer a “normalidade” e abrir brecha a outros paradigmas e á diversidade no social e educativo?
Como poder reelaborar e resituar as ideas de vulnerabilidade, interdependencia,  resistencia, poder, coidados, afectos neste momento?
Que experiencias dannos luz no ámbito ecosocial? educativo?

E todas as preguntas que queiras expor desde o outro lado da pantalla…

Cartel VI Seminario HaEH

Descarga o cartel con toda a info en pdf

Vémonos na sala:
https://meet.jit.si/VISeminarioHAEH

Mércores 14 outubro de 18:00 a 19:30 horas (España)

” Os coidados no centro de organizacións e contextos educativos”
Vídeo: https://youtu.be/39O8WS-11Fk

Sara Carro Ibarra
Licenciada en Historia e diplomada en Cultura de Paz. Cofundadora da cooperativa Fil a l’agulla. Acompaña a escolas e institutos a enfrontarse cos retos cotiáns. A crear comunidades onde poder ensaiar o mundo co cal soñamos, libre de violencias e potenciando relacións que nos fagan crecer e ser máis nós mesmas. O teatro do oprimido e a psicoloxía orientada a procesos son os dous métodos nos que profundou no seu traballo con grupos de mozos e adultos.
https://filalagulla.org/

Xoves 22 de outubro de 18:30 a 20:00 horas (España)

“Facer escolas cando o mundo se desmorona: a educación que era, que está a ser, que quizá será”
Vídeo: https://youtu.be/nDhJNxahELU

Carlos Skliar
Especializado en literatura, pedagoxía e filosofía. Investigador Principal do CONICET de Arxentina, e da área Educación de FLACSO. É recoñecido internacionalmente polas súas achegas pedagóxicas, filosóficas e literarias ao campo da educación.
https://www.flacso.org.ar/docentes/skliar-carlos/

Xoves 29 de outubro de 18:30 a 20:00 horas (España)

Mesa redonda “Construíndo un hábitat digno para unha vida digna: experiencias socioeducativas ”
Vídeo: https://youtu.be/tX1sc2FbZbY

Judit Santos. Psicóloga integrante da Cooperativa Miudiño.
https://miudinho.gal/

Paulo Nogueira. Director do colexio Ceip Covas de Meaño, Pontevedra
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmeanhoascovas/

Marta Casal. Técnica de Educación de Arquitectura Sen Fronteiras-Galicia
https://www.galicia.asfes.org/

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.