Como estivemos a informar nestas pasadas semanas, o 17 de outubro celebramos a 1ª Sesión da quinta edición do Seminario Hábitat a Escala Humana, e o 21 de novembro a segunda. Ambas na Facultade de Ciencias da Educación da UDC e baixo o lema A vida no centro… Tamén na educación.
Moitas grazas ás persoas relatoras e a todas vos que estivestes ben en directo ben agora a través destes vídeos. Estamos máis que ledas pola acollida, a cantidade de público e sobre todo pola calidade das intervencións. Oxalá a calidade destes vídeos fose a mesma.
1ª Sesión
María Eugenia Palop – Marco de dereitos para unha educación que poña a vida no centro | Ana Iglesias Galdo – A (des)protección no sistema educativo: escoitando ás infancias máis vulnerables | Leticia Barbadillo – Escolas ordinarias, crianzas extraordinarias | Carmen Saavedra – Se ti o dis, será.
2ª Sesión
Raquel López – A ética revolucionaria dos coidados: proposta para o cambio | Javier Rouco – Pensamento crítico e filosofía na infancia | Marta Casal – Experiencias educativas dende Arquitectura Sen Fronteiras | Laura Cruz – Cartografía Social do Dereito ao Hábitat: experiencia de aprendizaxe-servizo | Montserrat Muriano e Estefanía Mosquera – Palabras que moven o mundo: o ensino da literatura máis aló das aulas universitarias | Begoña Bas – O noso espazo: cerna da expedición da variola
Deixar unha resposta