Visitamos as comunidades rurais e coñecemos o lago Atitlán!

Bos días, tardes ou noites!

A semana pasada conseguimos chegar a Retalhuleu despois de todos os contratempos que nos atopamos. Tendo programada unha reunión o mércores coas familias recibidoras de vivenda dentro do programa Ban Chuinklal 3, realizamos unha reunión previa con ASIAPRODI na oficina que compartimos con esta organización. Nesta reunión tómanse decisións acerca das persoas que asisitirán e dos obxectivos que se buscan.

  o lago Atitlán          Champerico                                                              Vistas do lago Atitlán e construccións propias de Champerico                                                                    

Desta maneira decídese convocar ás familias das comunidades beneficiarias (Nuevo Belén e Victorias III) así como a aquelas persoas representantes das dúas comunidades. Para facilitar o coñecemento do proceso, tamén se han de convocar aos equipos de albaneis, de maneira que se pretende promover o intercambio de información entre eles e as familias.

Un dos requisitos que deben asumir as familias é unha serie de responsabilidades sobre os materiais de construción, polo que teremos que preparar toda a documentación precisa para levar á reunión do mércores. A reunión transcurrirá sen grandes contratempos e posto que consideramos que a actividade é de relevancia, queremos adicarlle unha entrada propia que pronto teredes dispoñible.

Intercalando traballo en terreo con días de tarefas de oficina, o venres voltaremos ás comunidades. Por un lado visitamos a escola de Santa María del Mar, que é proxecto de ASF e foi recentemente construida. A nosa intención con esta visita era avaliar o estado actual da construcción así como das relacións organizativas da comunidade. Interésanos que as nenas e nenos sexan partícipes do proceso de apropiación do lugar de asentamento da escola, polo que se ten realizado un proceso participativo o ano pasado. Este proceso participativo foi levado a cabo polas nosas compañeiras de PCR Bea e Marta, e como tal, forma parte dun traballo maior a longo prazo. Con el quérese fortalecer as ferramentas de autonomía e cohesión social das persoas que van a recibir a escola.

Nesa mesma mañá e para cerrar a xornada, voltamos á cooperativa na que se fai unha presentación oficial do comezo de obras coa Municipalidade de Champerico, as Autoridades do Sur nas que se están representadas as diferentes comunidades e as organizacións que participan no proxecto de vivenda, entre as que se inclúen ASIAPRODI e ASF.

Ese mesmo día tomamos rumbo a Quetzaltenango onde pernoctaremos e ao día seguinte sairemos en dirección Lago de Atitlán, para disfrutar da fin de semana. Alí pasaremos o sábado e o domingo, visitando San Marcos, San Pedro e San Juan La Laguna, todas elas vilas das marxes do lago. Sorprendémonos das fermosas paisaxes e do enorme potencial natural da rexión. Por mor do tempo o mesmo domingo temos que marchar… O lago Atitlán é un lugar ao que volver nun futuro sen dúbida!

A historia segue! aínda nos quedan semanas por diante e esperamos poder contarvolas neste blogue! Apertas!

 

Rebeca e Elena.

Deixar unha resposta