Despois de toda unha semana de traballo… subimos ao Santa María!

Bos días, tardes ou noites!

Unha semana máis queremos contarvos a nosa experiencia en terras guatemaltecas. O pasado luns foi un día moi interesante e intensivo. Primeiro reunímonos co equipo directivo do instituto de El Rosario, para falar de temas diversos acerca da construcción do salón de actividades múltiples e servizos sanitarios, da cal quedan algúns detalles por cerrar. Froito do uso detectáronse deficiencias as cales se acorda de maneira unánime solucionar entre todas as partes implicadas. Desta forma instituto, ASF Galicia e ASIAPRODI acordan repartirse as tarefas para que o funcionamento do instituto mellore.

 

 

 

 

 

 

Tras rematar esta reunión, dirixímonos ás comunidades de La Verde e La 3ª Calle, onde visitamos un total de 18 vivendas. A intención da visita por parte do equipo de ASF Galicia e ASIAPRODI, sempre respaldados por integrantes do consello de autoridades comunitarias, é a de verificar que a priorización que se tivo levado a cabo polas comunidades se adapta ás esixencias do programa de hábitat Ban Chuinklal.

 

 

 

 

 

 

Tendo realizada a visita, dáselle o visto bo a todas as familias. Estas serán as vivendas para a nova fase do programa Ban Chuinklal, das cales se executará a construcción dunhas oito en La Verde antes de final de ano. As outras dez, de La 3ª Calle, construiranse no vindeiro. Ademais a semana transcurre de novo en Retalhuleu con diverso traballo de oficina, planificando as últimas tarefas pendentes e recibindo formación acerca dos procesos de deseño de vivenda en Guatemala.

O venres saímos camiño a Xela para pasar a fin de semana, xa que  planeamos unha excursión ao volcán Santa María, de 3772 m de altitude. O sábado saímos ás cinco da madrugada camiño o volcán para comezar a subida. Tras catro horas e media de camiño, coseguimos alcanzar a meta, e o certo é que sentimos unha gran satisfacción por todo o esforzo que nos supuxo. Pasamos un bo rato alá arriba e almorzamos entre as nubes, para unha hora máis tarde baixar e voltar a Xela. A pesar do cansancio acumulado, e buscando espazo entre as horas de ordenador, conseguimos sacar un oco para poder ir o domingo ás Fuentes Georginas, unhas termas naturais nas que puidemos descansar de toda a semana.

Xa queda menos para o remate desta aventura, que vos seguiremos relatando!

Apertas!

Rebeca e Elena.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.