Voluntariado e Formación
O grupo de voluntariado e formación é un grupo transversal a todos os demais da organización. Xorde da necesidade da xestión do voluntariado e da súa formación específica para poder desenvolver o seu labor. O voluntariado en Arquitectura Sen Fronteiras representa o motor executor da organización, xa que maior parte das tarefas son decididas e desenvolvidas por eles e elas, polo que as actividades deste grupo de traballo resultan fundamentais.
Dentro deste grupo, xestiónase por una banda todo o ciclo de voluntariado: dende a impartición de charlas de acollida, pasando pola integración nalgún ou nalgúns dos grupos actuais, asesorando, acompañando e realizando un seguimiento persoalizado da evolución de cada un ou cada unha.
Por outra banda, xestiónase a súa formación seguindo un plan realizado de xeito participativo por todos os grupos e os seus integrantes. É dicir, búscanse os cursos e formacións dispoñibles, partindo das necesidades de cada grupo, para formar ao seu propio voluntariado. Ademáis realízanse cursos e actividades propias internas, para alcanzar os coñecementos necesarios e poñelos en práctica no traballo voluntario.
-
Asemblea da demarcación de Galicia 2019
-
Resolución da convocatoria 2019 para Proxectos de Coñecemento da Realidade [PCR]
-
Convocatoria 2019 para Proxectos de Coñecemento da Realidade [PCR]
-
Crónica do ReEncontro 2018
-
ReEncontro de voluntariado 2018
-
Asemblea anual de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia 2018
-
Resolución Convocatoria 2018 para Proxectos de Coñecemento da Realidade [PCR]
-
Convocatoria 2018 Para Proxectos De Coñecemento Da Realidade [PCR]
-
Bo Nadal 2017
-
Outono de formacións en ASF Galicia
-
Proxecto de mellora da xestión de voluntariado
-
Charla Informativa para novo voluntariado