Workshop: Arquitectura dende cero. Desarruinando Gaza

Arquitectura dende cero

Os habitantes de Gaza son refuxiados, unha poboación desprazada dende 1948, nun hábitat non permanente durante anos. Esa dicotomía entre permanencia e impermanencia dunha paisaxe peculiar: unha prisión ao aire libre. Verbas como normalización están fóra de contexto en Gaza, pero ao mesmo tempo a través desa perversión semántica, emerxe unha posición pragmática e ideolóxica que nos dirixe a desenvolver o proxecto.

Workshop sobre arquitectura na franxa de Gaza a cargo de Alberto Foyo, arquitecto profesor do City College New York e Nuria Prieto, doutora arquitecta. Organizado pola Columbia University, The City University of New York e Auckland University

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.