Xa está aquí a V edición do Seminario Hábitat a Escala Humana: A vida no centro… Tamén na educación

Este ano teremos de novo unha edición do Seminario Hábitat a Escala Humana, a quinta xa. Celebrarase os días 17 de outubro e 21 de novembro na Facultade de Ciencias da Educación da UDC, baixo o lema A vida no centro… Tamén na educación. Falaremos de participación, inclusión e coidados plantexándonos cuestións como:

Cal é o marco de dereitos para unha educación que poña a vida no centro?
Como dende o marco xurídico actual podemos promover a educación no dereito ao hábitat?
Como sería unha educación baseada en dereitos vs. currículo?
Proporciónanos o actual currículo posibilidades de educar a unha cidadanía que poida defender o dereito ao hábitat?
Podemos falar de que as escolas son un hábitat digno dende un punto de vista social, físico, cultural, simbólico, político para a comunidade educativa?
As escolas e a educación promoven dereitos humanos da infancia e adolescencia?
Onde están as barreiras e os límites? Onde está a exclusión?
Cales son os facilitadores do hábitat digno e da inclusión no mundo educativo?
Que significa poñer a vida no centro cando falamos de educación e de centros educativos?
É posible educar na ética dos coidados dende a escola a toda a comunidade educativa?
Como conseguir a implicación da comunidade educativa en propostas educativas que abordan os coidados ou a participación e que expoñen metodoloxías activas e participativas?
Sabemos cales son os beneficios ou resultados destas propostas cara unha maior calidade de vida nos centros ou o logro dun hábitat máis digno?
Que entende por participación o sistema educativo?
Hai espazo, tempo e vontade para promover a participación do alumnado?
Como se inclúe na vida cotiá?
Que posibilidades pedagóxicas bríndanos traballar sobre o espazo físico?
Como este se relaciona coa diversidade, a inclusión e os coidados?

Cartel V Seminario HeH 1ra Sesión

Descarga o cartel en pdf

Nesta primeira sesión María Eugenia Palop faranos unha introducción para que teñamos claro o marco de dereitos a ter en conta. E a continuación tres charlas por Ana Iglesias Galdo, Carmen Saavedra e Leticia Barbadillo sobre infancia vulnerable en situación de exclusión socialcapacitismo e discafobia, e as loitas polos dereitos de rapaces e rapazas con diversidade funcional respectivamente, todo dentro ou referido ao sistema educativo actual.

Esperámosvos, a entrada é libre!

Deixar unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.