16 novos módulos de limpeza, hixiene e saneamento na Comunidade Mam Cajolá

Para pechar o ano 2025, ASF Galicia e ASIAPRODI puxemos en marcha 16 módulos de limpeza, hixiene e saneamento na Comunidade Mam Cajolá, no municipio de Champerico (Guatemala), dando por finalizado o proxecto de mellora do saneamento e a hixiene financiado pola Deputación da Coruña.

Este proxecto dá continuidade á liña de traballo en hábitat digno iniciada en 2020 nesta comunidade, e 16 familias máis contan agora cun módulo completo que inclúe ducha, pila de limpeza e un sistema seguro de filtrado das augas servidas.

Ademais, organizouse un taller participativo sobre hábitos hixiénicos no fogar e xestión da auga, onde tamén se compartiron recomendacións sinxelas para o uso e mantemento dos módulos. A sesión foi moi dinámica e xerouse un ambiente próximo e de confianza entra as compañeiras e compañeiros de ASIAPRODI e ASF coas persoas participantes —na súa maioría mulleres—, xerando un espazo de aprendizaxe compartida.

Logo Deputación Coruña

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.