A ETSAC oferta un tema PFG para o curso 2018-19 proposto por Arquitectura Sen Fronteiras

A Escola de Arquitectura da UDC ven de publicar as opcións para desenvolver o PFG/PFM no curso 2018-2019. Un dos temas que poderá escoller o alumnado é unha proposta de Arquitectura Sen Fronteiras:  a construcción dunha escola nunha das comunidades coas que ASF está a traballar dende hai 20 anos.

É a segunda ocasión na que a ETSAC oferta un tema de Habitabilidad Básica para o último traballo da carreira. Hai xa 9 anos, no curso 2009-2010, un dos temas do PFC foi a ordenación completa do asentamento da Comunidade Mª del Mar, unha chea de equipamentos e as unidades habitacionais para as 71 familias que a conforman.

Nesta ocasión o lugar de traballo será a Comunidade El Manchón, ubicada como Mª del Mar no departamento de Retalhuleu na costa sur de Guatemala. Haberá que proxectar un centro de educación para preprimaria e primaria xunto cos seus espazos deportivos e de recreo.

Este tema é froito do traballo de identificación que durante varios anos desenvolveron varias estudantes durante as suas estadías PCR en Guatemala.

Dende aquí animamos a todo o estudantado a traballar este tema, quizás a única oportunidade que terán de achegarse a un Proxecto de Habitabilidade Básica. E felicitamos á Escola, e mais de preto ao profesorado do Taller 4, por ofertar este tema. Confiamos en próximas colaboracións ASF-ETSAC como esta no futuro.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.