A Exposición 20 anos de ProxectoTERRA – Habitando Ep.36

20 Anos de Proxecto TerraO pasado 30 de abril inaugurouse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela unha exposición conmemorativa do vixésimo aniversario do ProxectoTERRA. Unha mostra que comprende máis de 35 proxectos elaborados en diversos centros educativos galegos ao longo destes 20 anos. Trátase dunha homenaxe a todo o traballo do profesorado e alumnado participante, que puido acceder aos contidos ofertados polo ProxectoTERRA e facelos seus desenvolvendo enxeñosos proxectos innovadores.

Para conocer qué é o Proxecto Terra e a súa labor falamos con Sabela e Lucía, dúas compañeiras de Arquitectura Sen Fronteiras que forman parte do equipo que o coordina dende que en 2018 ASF se fixo cargo da súa xestión.

Durante a entrevista escoitaremos tamén audios de varios traballos en vídeo realizados por alumnado e profesorado de diversos centros, e que forman parte do audiovisual que acompaña a exposición. Por orden de aparición:

  • CEIP Illas Cíes de Vigo: O rap das Illas Cíes
  • IES Alexandre Bóveda de Vigo: Roteiro por Coia
  • IES Felix Muriel de Rianxo: A memoria do monte
  • IES Praia Barraña de Boiro: Desenvolvemento sostible tradicional en Boiro
  • IES Terra de Trasancos de Narón: A mansión dos Pampín
  • IES Nº 1 de A Estrada: Ofrenda a Rosalía de Castro

Créditos

A sintonía de Habitando  distribúese no momento da súa publicación baixo licenza Creative Commons.

  • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II

Subscrición

Feed | iTunes | iVoox | Spotify

Contacto

gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.