A Illa do Reciclaxe de Mulleres Colleiteiras no Festival Mar de Mares

Mulleres Colleiteiras no Festival Mar de Mares

O labor de Mulleres Colleiteiras vai máis aló de recoller o aceite doméstico usado que a xente deposita nos contenedores que temos distribuídos pola cidade. Aproveitamos calquera oportunidade que nos brindan para concienciar á xente sobre o perigo que supón para o medio ambiente o seu verquido incontrolado, especialmente o moito que contamina cando chega ao mar.

Por iso estivemos este pasado fin de semana no Festival Mar de Mares, no Mercado do Mar na nosa illa da reciclaxe. Foi moita a xente que se achegou e á que agradecemos a súa atención. Repartimos gratuitamente embudos especiais que se axustan a botellas de plástico para facilitar a súa recollida. Ensinamos unha mostra do aceite usado que chega ao mar. Explicamos as consecuencias do seu verquido. Unhas xornadas con moito traballo e das que saimos con ganas de máis. O ano que vén seguro que voltamos.

Deixa unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.