Ola de novo!
Aquí voltamos para contarvos como foi a nosa primeira semana!
Tan pronto como chegamos a Retalhuleu, tivemos a máis intensa das benvidas visitando as comunidades de Champerico para facer unha revisión das obras das viviendas que se están a construír dentro do proxecto de hábitat e comprobar o seu desenvolvemento. Puidemos ver un ambiente moi positivo e unha gran participación da comunidade. Sentimos unha gran acollida pola súa parte! De feito tivemos o pracer de escoitar palabras moi fermosas dos beneficiarios do proxecto e disfrutar dunha comida feita polas mulleres da comunidade como peche da visita.
Estivemos uns días máis en Reu (Retalhuleu), a vila que está preto da zona onde se desenvolven os proxectos, para logo movernos durante a seguinte semana a Xela. Xela (Quetzaltenango) é unha poboación localizada na zona do altiplano, polo que gozamos dunha mellor temperatura para o traballo en oficina que tiñamos por diante.
Comezamos a semana preparando o proceso participativo que levaremos a cabo na escola de El Manchón xunto co seu alumnado durante as próximas semanas. Este proceso fainos especial ilusión, xa que os nenos e nenas tenden a verse desprazados deste tipo de construcións, cando en realidade van ser eles os que a empreguen a meirande parte do tempo. Así, esta xirará en torno á transformación do seu patio, facéndoo apto para tódolos nenos e nenas e que forme parte do seu soño en común.
Por último, rematamos a semana centrados no traballo sobre os planos de execución da escola, dado que a finais desta semana debemos telos feitos para poder realizar a presentación do proxecto na comunidade e comezar, logo, a construción.
Tamén queremos contarvos que tivemos a sorte de poder presenciar a semana grande de Xela, correspondente ao 15 de Septembro, día da Independencia de Guatemala. No noso tempo de lecer puidemos dar un paseo polas rúas ateigadas de xente e de desfiles. Puidemos coñecer diferentes tradicións que cada ano se desenvolven nesta cidade, disfrutar da música e vivir a festa guatemalteca. Ademais, a preparación dun campionato de ultimate por parte da nosa compañeira Lara tennos deportivamente entretidas, acudindo cinco días á semana ás diferentes instalacións deportivas de Reu e Xela para acompañala a prepararse fisicamente e así, entrenarnos nós tamén. Os compañeiros expatriados teñen claro que este, sen dúbida, será o PCR máis fitness que endexamais tiveron.
Seguiremos informando!
Deixa unha resposta