A Unidade Didáctica Dereito ao Hábitat elaborouse no ano 2013 a iniciativa do Grupo de Educación para o Desenvolvemento de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Dende entón púxose en práctica nunha morea de centros educativos.
Naquel momento o grupo xa estaba a traballar nestes centros con diversos materiais a propósito dos Obxectivos do Milenio. Xurdiu a necesidade de poñer todos estes contidos en relación co Dereito ao Hábitat e coa contorna próxima do alumnado ao que ían dirixidos, e non só en relación a países alleos ou contextos diferentes.
A unidade elaborouse a carón do Proxecto de EpD que se estaba a desenvolver co financiamento da Xunta de Galicia. Contratouse á Cooperativa Hábitat Social para tal fin, que contou coa axuda e supervisión de Ana Sánchez, profesora de Ciencias da Educación, e a do grupo de EpD de Arquitectura Sen Fronteiras.
Hoxe acompáñanos Carolina Jack, integrante de Hábitat Social e coautora da unidade. Tras unha explicación de como foi o proceso de creación e os seus contidos, comentamos a posta en práctica con rapaces e rapazas de toda Galicia. No ano 2014, un acordo firmado co Proxecto Terra que estaba a traballar no Plan Proxecta aumentou a visibilidade e a presenza da unidade nas catro provincias. Podedes atopar pequenas crónicas dalgunhas das visitas a centros nas novas da web.
Ligazóns de interese:
- Unidade Didáctica Dereito ao Hábitat
- ASF exemplo de escolas seguras según Save The Children e a Global Alliance for Disaster Risk Reduction in the Education Sector
- Xornadas Compostela + Solidaria da CGONGD
- Curso Participación e voluntariado nas ONGD
- Curso Os obxectivos de desenvolvemento sustentable: a erradicación da pobreza e a fame no horizonte 2030
Ep.17 A Unidade Didáctica Dereito ao Hábitat: Descargar
Créditos
Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
- Ti poderás, Trapallada, álbum Alenta o mar
Subscrición
Contacto
gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Deixa unha resposta