Os pasados 17 de outubro e 21 de novembro celebramos na Facultade de Ciencias da Educación da UDC, a V edición do Seminario Hábitat a Escala Humana, este ano baixo o lema A vida no centro… Tamén na educación. Nel falamos sobre todo de participación, inclusión e coidados.
E tamén, en concreto na segunda sesión, espuxemos o traballo realizado neste eido no Proxecto de Educación para o Desenvolvemento no que estivemos a traballar en 2017-2018, sobre todo das experiencias educativas levadas a cabo por alumnado da Facultade de Ciencias da Educación.
Na nosa canle de Youtube e na nosa web atoparedes en vídeo de todas as intervencións. E a continuación, neste episodio, unha escolma dalgúns dos momentos de cada unha delas.
Moitas grazas ás relatoras nesta edición do seminario: María Eugenia Palop, Ana Iglesias Galdo, Leticia Barbadillo, Carmen Saavedra, Javier Rouco, Raquel López, Marta Casal, Laura Cruz, Montserrat Muriano, Estefanía Mosquera e Begoña Bas, e a todo o público asistente que encheu o Salón de Graos da Facultade de CC da Educación.
Ep.27 A vida no centro... Tamén na educación: Descargar
Ligazóns de interese:
- Vídeos da V Edición Seminario Hábitat a Escala Humana
- 1ª Xornada V Edición Seminario Hábitat a Escala Humana
- 2ª Xornada V Edición Seminario Hábitat a Escala Humana
- Inclusión, diversidade, maternidade, activismos contra o capacitismo
- Blog de Carmen Saavedra
- Blog de leticia Barbadillo (firmando como Diminutísima)
- Blog de Nacho Calderón Almendros
- La mirada de Angel de Maria Luisa Fernández: Por medio de breves cartas dirixidas a Ángel, María Luisa Vai explicando e compartindo a experiencia a veces terrible e a veces maravillosa dunha nai que vive as dificultades para sobrevivir do que más quiere na vida: o seu propio fillo. A lectura de La mirada de Ángel é unha experiencia emotiva e moi enriquecedora que non dixará a ningún lector indiferente, pero ademáis é un medio prodixioso para acercar á sociedade a unha realidad que aínda sendo parte da nosa vida mantense como unha grande descoñecida
- A vida no centro, ecofeminismo, coidados
- InterRed recursos educativos para traballar os coidados na educación formal e non formal
- Ecofeminismo para outro mundo posible, conferencia de Alicia Puleo filósofa, ecofeminista e cátedra de estudos de xénero da Universidade de Valladolid
- Ecofeminismo a través de accións, investigación e formación
- Participación, creatividade, pensamento crítico na liña do exposto por Javier Rouco o polas experiencias desenvolvidas entre ASF e a UDC
- Blog de Angélica Sátiro, referente no campo da creatividade e pensamento crítico na infancia e adolescencia
- Crear Mundo, proxecto onde podes atopar motísimos recursos, revistas, materiais para indagar e traballar sobre o pensamento crítico e creativo
- Bienal e Asociación Ludantia onde podes atopar recursos sobre infancia, arquitectura e educación
Créditos
Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
- Medianoite, Sangre de Muérdago, álbum Noite
Subscrición
Contacto
gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Deixar unha resposta