A Fase I do proxecto Agra barrio de coidados rematou, e para celebralo o martes 15 de outubro convidamos a toda a veciñanza para compartir os resultados e recoller novas voces e propostas. Contamos con alumnado do CEIP Raquel Camacho, do IES Agra do Orzán, do Master de Políticas Públicas e Intervención Social, con varias entidades que lles amosaron a súa labor no barrio, a actuación en directo de Silvia Penide e todas as persoas que se quisieron achegar. Na web do proxecto podedes ver unha escolma de fotos da xornada.
Para visibilizar o traballado, como se desenvolveu o proceso e tamén os resultados, deseñamos uns paneis artellados en en cinco lonas de gran formato. Con elas realizaremos devolucións á comunidade en diferentes momentos e contextos para seguir xerando debate, sensibilización e participación social. Conteñen miradas apreciativas, críticas e reivindicativas a través de testimonios, debuxos, cartografías, fotografías, etc., sempre desde a perspectiva do dereito a un hábitat digno.
Abordan cinco temas e podedes descargalos en formato pdf premendo nas ligacións ou directamente nas imaxes:
-
- Sistematización e selección de contidos: Laura Cruz (docente MOPS) e Marta Casal (técnica ASF)
- Deseño gráfico: Roi Fernández
Os paneis inclúen códigos QR que enlazan con algúns dos traballos realizados no IES, no CEIP ou no MOPS.
Compartir:
- Imprimir (Se abre en una ventana nueva) Imprimir
- Fai clic para enviar unha ligazón por correo electrónico a un amigo (Se abre en una ventana nueva) Correo-e
- Fai clic para compartir en X (Se abre en una ventana nueva) X
- Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Compartir en Linkedin (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn
Deixa unha resposta