Aprobada axuda da Deputación da Coruña para proxecto de ASF en Senegal

Joal-Fadiouth, SenegalO pasado 13 de xullo publicouse no Boletín oficial da provincia da Coruña a resolución definitiva da convocatoria 2020 de subvencións para o cofinanciamento de proxectos de Cooperación Internacional da Deputación da Coruña. ASF recibiu a boa noticia de ver aprobado o proxecto presentado para a finalización das actividades de construción do Centro de Ensino Medio CEM3 de Joal- Fadiouth, no ámbito do Programa de Mellora da educación de nivel medio na poboación nova dos barrios de extensión de Joal- Fadiouth. Senegal.

Logo Deputación Coruña

Con este novo apoio, ao longo deste ano de 2020 e de 2021 poderemos seguir avanzando no noso apoio ao fortalecemento do sistema educativo senegalés, coa finalización da construción deste centro educativo que alberga un alumnado de case 1.000 nenos, nenas, mozos e mozas.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.