Arrincamos proxecto de EpD – Habitando Ep.19

EpDNo grupo de Educación para o Desenvolvemento de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia estamos a traballar dende o mes de agosto nun novo proxecto financiado pola Xunta de Galicia e a Cooperación Galega. En consorcio coa Universidade da Coruña e baixo o título “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria, na cidade da Coruña” resultou o 2º mellor valorado de todos os presentados.

Iniciamos a terceira tempada de Habitando explicando este e o resto de proxectos que desenvolveremos ao longo deste curso. Falamos dos seus obxectivos, resultados esperados e actividades a realizar. Tan só unha rápida pincelada porque de seguro falarémosvos segundo se vaian desenvolvendo.

Ligazóns de interese:

Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

  • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
  • Ao teu redor, Projecto Mourente, álbum A Pior

Subscrición

Feed | iTunes | iVoox

Contacto

gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.