As compañeiras da demarcación de Galicia de Arquitectura Sen Fronteiras hoxe
Non traballamos
Non estudamos
Non consumimos
E non coidamos
Os nosos compañeiros súmanse co seu apoio.
Como organización, adherímonos ao manifesto feminista publicado pola Coordinadora de ONG e a o resto da axenda desta Folga Internacional.
Paramos porque se as mulleres paran, párase o mundo.
Paramos para darlle voz a unha inxustiza.
Paramos para darlle visibilidade a unha opresión.
Paramos para darlle luz ao medo.
Paramos para compartir, soñar, loitar e acadar un lugar mais xusto para todas as nenas e mulleres. Un lugar mellor para todas as persoas.
Vémonos na rúa.
Deixar unha resposta