As lentes do Hábitat e Derecho a un Techito na FETSAC 2019

Obradoiro na FETSAC

O pasado luns 25 de marzo achegámonos á ETSAC, a escola de arquitectura de A Coruña, para desenvolver un obradoiro con alumnado participante na FETSAC, un festival organizado por un grupo do seu estudantado. Durante unha semana realizan diversas actividades conducidas por persoas, entidades ou colectivos invitados.

O título do obradoiro foi “As Lentes do Hábitat”. Nel convidamos as persoas participantes, divididas en grupos, a realizar unha análise da escola dende diversos puntos de vista. Coma se levaran unhas lentes coas que ver diversos temas, tanto se están ausentes, como se son visibles. Os temas tratados foron o xénero, a participación, a accesibilidade e a cultura. Unha vez feita por cada grupo unha deriva polo centro, reuníronse de novo para expoñer e debatir cos demais cada tema analizado.

Obradoiro na FETSAC

Ao final organización, participantes e voluntariado de ASF quedamos moi agradecidas. Por unha vez decatáronse de asuntos na súa escola nos que non tiñan reparado con anterioridade.

E para pechar unha xornada estupenda, ese día á noite, o mesmo grupo de voluntariado de ASF presentou o documental “El Derecho a un Techito” como antesala a unha actividade desenvolvida pola propia organización do Festival.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.