Hai uns meses comentabamos a visita que nos fixo a Guatemala Save The Children. Interesábanlles a escola de Mª del Mar e o instituto de El Rosario que se atopaban en plena construción, por exemplificar a construción de escolas seguras.
O resultado, desa e outras visitas ao redor do mundo, xa está dispoñible. Unha páxina web repleta de documentación, audiovisual e escrita, sobre boas prácticas á hora de construír este tipo de edificios. Mágoa que os pdfs estean dispoñibles só en inglés, polo menos polo momento, e non en castelán como sí están os vídeos.
ASF participa nos cinco vídeos que acompañan cada unha das fases: preparación, planificación, deseño, construción e mantemento que se deben abordar á hora de construír un centro educativo, con especial protagonismo no segundo e o terceiro.
Unha honra colaborar con Save The Children e a Global Alliance for Disaster Risk Reduction in the Education Sector, esperamos que a iniciativa consiga a difusión que se merece.
Construcción de Escolas Seguras
Un enfoque comunitario
Deixar unha resposta