ASF na xornada de portas abertas organizada pola materia Hábitat Básico da ETSAC

Charla Hábitat Básico ETSACA materia Habitat Básico, recén implantada no décimo cadrimestre (5º curso) do grado en Estudos de Arquitectura da ETSAC, organizou o pasado 11 de abril unha xornada de portas abertas na que dar a coñecer o traballo de Enxeñería Sen Fronteiras e Arquitectura Sen Fronteiras.

Sergio Fernández

Lara Medín

Por ESF Sergio Fernández falou do dereito humano á auga en Honduras. E de se ás tecnoloxías de baixo custo son suficiente para aseguralo.

En representación de  ASF achegouse Lara Medín para falar do papel da arquitectura na construción colectiva do dereito ao hábitat. Seis son os enfoques dende os que traballa a nosa organización:

  1. Enfoque de dereitos
  2. Produción social de hábitat
  3. Tecnoloxías axeitadas
  4. Construcións resilientes
  5. Enfoque de xénero
  6. Proceso fronte a produto

Deixamos ligazón á presentación en pdf que acompañou a explicación destes enfoques.

Deixa unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.