Asistencia Técnica para o deseño e edición da adaptación de materiais de sensibilización á educación formal de secundaria

Ciudadanía Invisible

A demarcación de Galicia de Arquitectura Sen Fronteiras e co apoio da Subdirección Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia levará a cabo no período 2017-2018 o ”Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña” . Como parte deste proxecto adaptaranse dous materiais existentes elaborados en pasadas edicións para o seu uso en centros educativos.

Tarefas a realizar pola persoa ou equipo seleccionado

A persoa ou equipo de consultaría seleccionado para a asistencia técnica deberá encargarse das seguintes tarefas:

  1. Fase Adaptación de materiais “El Derecho a un techito” e “Cidadanía invisible” ( Anexo II ) e creación de 6 dinámicas -3 por material- enfocadas nos eixos estratéxicos de ASF (xénero, interculturalidade e xestión social do hábitat) na que se rexistren todos os cambios e variacións acordados co grupo de traballo a partir da revisión da versión intermedia. Todo o material coidará a linguaxe inclusiva e a análise de posibles currículums ocultos.
  2. Fase Edición e maquetación do material e dinámicas a desenvolver
Remuneración

O deseño das adaptacións de contidos á estrutura modular será obxecto dunha retribución bruta de 1250,00 Euros (IVE incluido) .

Candidaturas

As persoas ou equipos interesados en elaborar os contido da programación enviarán a súa candidatura á dirección de correo electrónico gteducación.gal[@]asfes.org indicando a referencia “Convocatoria Adaptación Materiais” antes do día 11 de outubro de 2017, especificando:

  • Datos de contacto
  • Convocatoria á que se postula e compromisos de idioma (ver anexo I)
  • Curriculum Vitae acreditando os méritos e coñecementos precisos relacionados coas tarefas a desenvolver.
Máis información

Términos de Referencia Completos [pdf]

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.