Convocatoria dun proceso de selección de equipo/s para realizar traballos vinculados a renovación e actualización dos materiais didácticos para educación secundaria elaborados por Proxecto Terra
Convoca
Arquitectura sen Fronteiras, como entidade responsable da xestión, coordinación e desenvolvemento das actividades enmarcadas no Proxecto Terra por conta do COAG.
Obxectivo da convocatoria
O obxectivo desta convocatoria é a selección de equipo/equipos consultor/res para realizar os seguintes traballos:
- A renovación e actualización ao novo currículum da LOMCE dos contidos dos tres módulos didácticos 1. Arquitectura Popular, 2. Arquitectura Contemporánea e 3. Identidade Territorial, elaborados por ProxectoTerra para a súa utilización en centros de Educación Secundaria de Galicia.
- Implementación a eXelearning dos contidos.
Descrición das tarefas a realizar
O/s equipo/s seleccionado/s deberá/n encargarse das seguintes tarefas:
- Revisión dos materiais do módulo a renovar e actualizar
- Elaboración dun guión e proposta de traballo a realizar
- Renovación e actualización ao novo currículum da LOMCE da documentación relacionada a continuación do módulo educativo que lle sexa asignado (consultar TdR completos):
- Alumnado
- Caderno Alumnado
- Actividades
- Profesorado
- Formación
- Guía do profesorado
- PDF presentación
- Alumnado
- Envorcado deses contidos ao formato libre eXelearning. (Elaborarase un modelo que será entregado ao equipo unha vez revisados os contidos)
Remuneración
A renovación e actualización ao novo currículum da LOMCE dos contidos de cada un dos tres módulos didácticos será obxecto dunha retribución bruta de 3.333,33 euros (impostos que correspondan incluídos) por módulo.
Prazo e forma de remitir a candidatura
Os equipos interesados deberán presentar a súa candidatura completa antes das 23:59 horas do 22 de agosto de 2019, para o cal deberán remitir un correo electrónico a proxectoterra.actividades@coag.es, aportando a seguinte documentación:
- Formulario de participación debidamente cuberto e asinado por todos os integrantes da candidatura.
- Anexo I da convocatoria cuberto e asinado.
- Curriculum Vitae de cada un dos integrantes do equipo (extensión máxima 4 follas)
- Documentación acreditativa dos méritos e coñecementos precisos relacionados cos criterios
Máis información
Deixar unha resposta