O obxectivo desta convocatoria é establecer as bases para a realización dunha consultaría dunha persoa ou equipo de persoas que faciliten un espazo de reflexión e realicen unha diagnose que reflexe as necesidades formativas de ASF Galicia en perspectiva de xénero, de cara a unha futura formación do persoal voluntario e técnico en materia de xénero con propostas apropiadas á organización en función dos resultados da diagnose. No marco do “Proxecto de xestión do voluntariado con incidencia nos coidados e na importancia da formación no proceso da acción voluntaria das persoas que forman Arquitectura sen Fronteiras – Galicia”, co apoio da CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL. DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO.
Eixo de análise
O xénero é unha prioridade para o voluntariado e persoal de ASF manifestado así e recollido no itinerario de formación 2018-2019.
Pero de qué se fala cando se expresa a necesidade de formarse en xénero?
Existen dous eixos posibles de análise:
- A aplicación da perspectiva de xénero na súas costumes e condutas intra organizacionais
- A aplicación da perspectiva de xénero nos proxectos formulados e executados (no seu traballo externo)
Na presente diagnose afondarase polo menos en un destos eixos. A priorización dun ou outro campo de traballo farase en función dos sentires e reflexións grupais.
Tarefas a realizar pola persoa ou equipo seleccionado
A persoa ou equipa encargarase de desenvolver as seguintes tarefas de cara ao logro dos obxectivos descritos no segundo apartado do presente documento:
0.- PROPOSTA METODOLÓXICA
- Deseño da proposta de traballo.
1.- TRABALLO DE CAMPO (a maiores, se fose preciso, o que a consultora considere)
- Deseño e dinamización dun espazo de reflexión grupal para abordar temas relacionados con obxectivos sinalados. Este espazo terá unha duración de 4 horas como mínimo e participarán persoas voluntarias e técnicas de ASF Galicia. -grupo de entre 10 e 20 persoas-
- Valoración dos intereses do grupo na formación en xénero
- Valoración das capacidades de ASF Galicia na aplicación da perspectiva de xénero na súas costumes e condutas intra organizacionais
- Valoración das capacidades de ASF Galicia na aplicación da perspectiva de xénero nos proxectos formulados e executados
- Realización de enquisas a voluntariado e persoal de ASF Galicia sobre os obxectivos sinalados. -máximo 28 enquisas-
2.- ELABORACIÓN INFORME DIAGNOSE
- Sistematización e análise da información recollida coas diversas técnicas.
- Elaboración de documento final da diagnose cos datos relevantes para ASF sobre os obxectivos sinalados e conclusións sobre as necesidades formativas.
Remuneración
A presente asistencia técnica terá un obxecto dunha retribución bruta de 1.500 € (IVE e IRPF incluido). O pago realizarase en dúas fases:
Fase 1: 600€ tras a primeira sesión de facilitación
Fase 2: 900 € tras a entrega da diagnose
Candidaturas
- Datos de contacto
- Currículum Vitae acreditando os méritos e coñecementos precisos relacionados coas tarefas a desenvolver
Deixar unha resposta