O obxectivo desta convocatoria é a selección dunha persoa ou un equipo consultor para a titorización do curso en liña “Hábitat a Escala Humana”, no marco do ”Proxecto de difusión do dereito ao hábitat dende un enfoque transdisciplinar e de xénero a través da formación e sensibilización de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña” promovido pola ONGD Arquitectura Sen Fronteiras e en colaboración coa Universidade de A Coruña co cofinanciamento da Subdirección Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia.
Tarefas a realizar pola persoa ou equipo seleccionado
De cara á titorización do curso a persoa ou equipo de consultoría seleccionado para a asistencia técnica deberá encargarse das seguintes tarefas:
ANTES DO COMENZO DO CURSO
Cos contidos dos módulos do curso que lle serán entregados por ASF, a persoa ou equipo seleccionado deberá elaborar o seguinte material:
- Elaboración de documento de planificación. Enviarase un documento con extensión máxima de catro páxinas onde se explique a metodoloxía a seguir definindo os criterios de avaliación e unha breve programación dás actividades e un cronograma que se axuste o da guía de aprendizaxe.
- Elaboración na plataforma e selección de tres cuestionarios de avaliación tipo test de 10 preguntas para os módulos 1, 2 e 3 cubrindo o conxunto das temáticas dos mesmos. Falicilitaranse os das edicións anteriores.
E relación de alomenos 5 materiais audiovisuais e ou sonoros complementarios para a titorización dado o carácter virtual do mesmo. - Redacción dun exercicio práctico de avaliación do estudante. O devandito exercicio deberá cubrir a totalidade dos contidos tratados nos módulos 1, 2 e 3. A explicación do exercicio deberá ter un mínimo de 3.000 caracteres (entre contextualización, enunciado, obxectivos, documentación a entregar por parte do estudante e a bibliografía específica do exercicio).
DURANTE O CURSO
- Resolución de dúbidas do alumnado sobre os contidos e dinámicas do módulo. A persoa ou equipo consultor terá que resolver as dúbidas expostas polo alumnado en relación aos contidos do curso. As preguntas deberán ser respondidas nun prazo máximo de 24h, sen incluír os fins de semana ou festivos. Así mesmo, se as dúbidas expostas polo alumnado non se poden resolver polo foro de forma áxil, poñerase unha hora de atención en liña para resolver as dúbidas a través do chat.
- Dinamización de foros. Os foros do curso son o espazo que dispón o alumnado para intercambiar experiencias, coñecementos e expoñer as súas dúbidas. O equipo de seguimento encargarase de dinamizar este espazo e de motivar ao alumnado para participar nel, incorporando información complementaria ou dando seguimento ao traballo realizado polo alumnado. Especialmente realizará estes labores no foro de presentación, sendo o primeiro en abrilo e presentarse aos alumnos/as.
Programar unha sesión de chat a semana. - Corrección de prácticas. O equipo de seguimento encargarase de corrixir e avaliar as prácticas facendo unha valoración de, polo menos, 150 palabras na que se sinalen os aspectos acertados e aqueles a mellorar.
AO FINALIZAR O CURSO
- Elaboración de informe resumo coas mellores prácticas do curso. A persoa ou equipo consultor elaborará un informe resumo coas mellores prácticas e as súas aprendizaxes que estarán a disposición de todo o alumnado. Neste informe incorporaranse as dúas ou tres mellores prácticas e farase unha valoración de polo menos duascentas palabras nas que se sinalarán os aspectos positivos das mesmas.
- Elaboración dun informe final de titorización. Entregarase un informe final, dunha extensión máxima de dez follas, que recollerá a seguinte información: participación do alumnado, posibles incidentes, resumo de dúbidas expostas, informe de cualificacións finais, avaliación xeral da organización do curso e aspectos a mellorar.
Remuneración
A titorización do curso en liña será obxecto dunha retribución bruta de 1250,00 Euros (impostos que correspondan incluídos).
A retribución realizarase nun único pago tras a entrega da factura correspondente a súa finalización, segundo as datas previstas nos termos de referencia.
Candidaturas
- Datos de contacto
- Convocatoria á que se postula e compromisos de idiomas (ver Anexo I dos termos de referencia)
- Currículum Vitae acreditando os méritos e coñecementos precisos relacionados coas tarefas a desenvolver
Máis información
Termos de Referencia Completos [pdf]: GALEGO | CASTELLANO
Deixar unha resposta