Atención á Diversidade na UDC – Habitando Ep.43

Hoxe 3 de decembro celébrase o Día Mundial das Persoas con Discapacidade. Nós queremos celebralo falando de atención á diversidade con Sonia Seijas.

Sonia traballa dende 2009 na Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña, que ten establecido unha rede de traballo con persoas das distintas facultades e escolas para estar presentes en todos os centros. Traballan na inclusión, na formación, orientación e difusión da realidade de persoas con discapacidade ou necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). Os inicios, como se organizan, os problemas, resistencias e aliadas que atopan, as aspiracións de futuro e moito máis nunha conversa que se nos fixo moi curta.

Contacto:

  • Web: https://www.udc.es/es/cufie/ADI/
  • Enderezo: Edificio Xoana Capdevielle, Campus de Elviña, s/n, 15071 A Coruña
  • Email:
  • Teléfonos: 881 015 622 / 881 015 623

Ligazóns de interese:

Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

  • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II

Subscrición

Feed | Apple Podcast | iVoox | Spotify

Contacto

galicia[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

« Previous Post

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.