TOMA PARTE! Reflexións e propostas sobre a participación no contexto post 15M O vindeiro xoves 26 de maio o Espazo Cubo da Normal acollerá a partir das 18:30h a terceira sesión do IV Seminario Hábitat a Escala Humana. Entrada libre ata agotar o aforo. Esta última sesión do seminario consistirá nunha mesa redonda na que…
Pechado o cartel do IV Seminario Hábitat a Escala Humana: Toma Parte!
A falta dalgún colectivo participante na mesa redonda da 3ª sesión, xa temos pechado o cartel de personalidades e entidades que nos falarán desde distintos puntos de vista sobre procesos participativos na IV Edición do Seminario Hábitat a Escala Humana. 1ª SESIÓN Venres 13 de maio, 18:30 a 21 horas MANUEL DELGADO “O activismo desactivado….
Firmado Convenio entre Mulleres Colleiteiras e a Concellería de Medio Ambiente de A Coruña
En Arquitectura Sen Fronteiras estamos de celebración. No día de onte, luns 2 de Maio, a cooperativa Mulleres Colleiterias impulsada dende o traballo da organización, deu un importante paso na súa consolidación e o seu posicionamento na xestión e recollida de aceite vexetal na cidade a través da firma dun convenio coa Concellería de Medio…
IV Edición do Seminario Hábitat a Escala Humana: TOMA PARTE!
Os próximos venres 13, e xoves 19 e 26 de maio o Espazo Cubo da Normal acollerá a IV Edición do Seminario Hábitat a Escala Humana: TOMA PARTE! Reflexións e propostas sobre a participación no contexto post 15M. Organizado polo Grupo de Educación para o Desenvolvemento de ASF Galicia, o Seminario Hábitat a Escala Humana…
O problema da vivenda en Galicia – Habitando Ep.8
O estalido da burbulla inmobiliaria nos últimos anos da década pasada desatou unha das peores e máis lonxevas crises en Galicia e en España. Case 10 anos despois ninguén pode afirmar que a superaramos. Desde entón miles de persoas perderon os seus fogares. Paradóxicamente, o parque de vivendas segue a ser elevadísimo a pesar de…
O libro ‘Ciudadanía Invisible’ en PDF para descargar
Durante a presentación de Ciudadanía Invisible O pasado 8 de abril presentamos a publicación Ciudadanía Invisible na Casa Museo Casares Quiroga. No evento participaron os compañeiros e compañeiras de Tinta Bacanal, Santiago Avión como prologuista do libro e varias das persoas protagonistas das historias tanto de Galicia como de Guatemala. Moitos de vós preguntastes por…
Proxección do documental ‘El Derecho a un Techito’ en Lugo
Tras a súa estrea o pasado mes na Coruña, ‘El Derecho a un Techito’ chega á cidade de Lugo. Proxectarase o vindeiro xoves 28 de abril ás 20:30 horas na sede do Colexio Oficial de Arquitectos na cidade, rúa Puro Cora Xornalista, 1. Realizado por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), relata a labor que…
Videomemoria ASF Galicia 2015
Nada como descargar a nosa memoria de actividades do 2015 para comprobar polo miudo todo o que fixemos o ano pasado, pero para explicalo de forma resumida preparamos un vídeo. Axúdasnos a difundilo?
Na Asemblea Arquitectura Sen Fronteiras Galicia 2016
O pasado sábado 9 de abril celebrouse no Fórum Metropolitano da Coruña as Asembleas Xeral e Extraordinaria de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Todas as persoas socias, voluntarias e persoal contratado da demarcación estabamos convidadas. Aínda que a asistencia non foi excesivamente numerosa, si contamos con sobrada representación de todos os grupos de traballo e persoal…
Iniciando o ‘Plan Proxecta’
Tras varias colaboracións puntuais en proxectos de educación anteriores, o Proxecto Terra propúxonos presentar conxuntamente un programa para o Plan Proxecta deste curso 2015/2016 da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. A iniciativa ten por obxectivo fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan…