Información en CASTELLANO en los TdR Oferta dirixida a persoas técnicas en cooperación ao desenvolvemento para facerse cargo das tarefas de coordinación e execución dos proxectos que a organización está a executar, xunto cos seus socios locais ASIAPRODI e PRODESSA, no Departamento de Retalhuleu, na costa sur de Guatemala. Descrición do traballo Sen prexuízo doutras…
Resolución convocatoria dunha praza de persoal técnico expatriado
Unha vez reunido o comité de valoración das candidaturas para a convocatoria de persoal técnico expatriado en Guatemala, concedeuse a praza ofertada. A resolución xa foi comunicada a todas as persoas candidatas. Moitas grazas a todas elas!
Resolución convocatoria PCR 2023
Unha vez reunido o comité de valoración das candidaturas para a convocatoria PCR 2023, concedéronse as dúas prazas ofertadas. A resolución xa foi comunicada a todas as persoas candidatas. Moitas grazas a todas elas!
Convocatoria 2023 para Proxectos de Coñecemento da Realidade [PCR]
Arquitectura Sen Fronteiras ofrece a posibilidade de ter unha experiencia en terreo a estudantes universitarios da UDC, con especial preferencia para as persoas voluntarias da nosa demarcación en Galicia, que teñan interese no mundo da cooperación no eido da habitabilidade básica. Con este propósito publicamos a seguinte convocatoria para incorporar persoas voluntarias a proxectos a executar en GUATEMALA….
Convocatoria dunha praza de persoal técnico expatriado en Guatemala en materia de hábitat
Información en CASTELLANO en los TdR Ofertada dirixida a persoas técnicas en materia de construción, auga e saneamento (enxeñería, arquitectura, arquitectura técnica ou similar) e con coñecemento e experiencia en materia de Dereito ao Hábitat e Cooperación, para facerse cargo das tarefas de coordinación e execución das construcións incluídas nos proxectos que a organización está…
Exposición ‘Un mundo de moito coidado’
No marco do proxecto de educación “Participar para coidar” Fase 3, financiado pola DXREUE da Xunta de Galicia, elaboramos a exposición Un mundo de moito coidado. A idea xurde da Comisión Hábítat e coidados creada no IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña), como parte das estratexias de acción deste proxecto. ASF xunto con docentes do…
Bo Nadal 2022
Unha mensaxe de Nadal… Despedimos o ano co firme propósito de seguir construíndo dereitos, durante outros 30 anos ou máis… É momento de facer balance e agradecer a todas esas persoas que contribuíron ao mandato de ASF: socios/as, voluntarios/as, persoal contratado, simpatizantes, entidades colaboradoras/financiadoras,… sen esquecernos d0s/as titulares de dereitos, que son a nosa razón…
Devagar, novembro 2022
Chegou o frío a este recuncho peninsular. Menos mal. Non foi sen tempo. Compartimos con vós unha nova escolma de lecturas e pasatempos para poder argallar nestes días de choiva. Escoitade como peta o vento na xanela e deixádevos levar. Novembro 2022 | Suscripción
Julián Salas, unha vida dedicada á Habitabilidade Básica – Habitando Ep.41
Para este Habitando 41, o último de 2022, tivemos a honra de contar con Julián Salas. Julián ten a Cátedra UNESCO de Habitabilidad Básica da ETSAM. É todo un referente neste eido a nivel mundial. Achegouse á Coruña para impartir na Escola de Arquitectura a lección Construindo con recursos escasos. Contra a fame de vivenda en…
VIII Seminario HaEH: “Unha educación de moito coidado”
VIII Seminario HaEH “Unha educación de moito coidado” Nos Seminarios Hábitat a Escala Humana (HaEH) de 2018 , 2020 e 2021 abordamos a reflexión sobre a mellora dos hábitats educativos nas súas dimensións físicas, culturais, sociais e políticas. Construír colectivamente espazos, culturas e prácticas coidadoras para todas as persoas que dan vida aos centros educativos,…