Bo Nadal 2021

Achégase o final deste 2021, un ano no que pechamos proxectos coa satisfacción do traballo ben feito e recibimos con alegría os novos retos que están por chegar. 2022 será un ano especial por partida dobre. Primeiro, porque definiremos un novo plan estratéxico que marcará a folla de roteiro da nosa entidade para os próximos anos. E segundo, porque celebraremos o noso 30 aniversario. En 1992 un grupo de persoas tivo un soño: facer do mundo un lugar máis xusto a través da arquitectura. E materializouno: fundou ASF-España. Coa mesma ilusión que entón, e contando coa experiencia desta longa traxectoria de esforzo, dedicación e paixón, seguimos avanzando neste camiño compartido. Transformar as nosas cidades e comunidades é un gran desafío, pero continuaremos traballando cada día con accións concretas que axuden a mellorar a nosa sociedade para contribuír a cumprir ese soño.

Este 2022 queremos seguir contando contigo

FELICES FESTAS!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.