Boas prácticas dende os centros educativos – Habitando Ep.47

O pasado mes de novembro, no marco do proxecto Dereito ao Hábitat Rural, desenvolvemos un Seminario Intercentros para o intercambio de saberes e realidades coa presencia de profesorado dos centros das catro provincias vencellados ao proxecto.

O profesorado é axente chave nas comunidades educativas para o desenvolvemento de aprendizaxes significativas con metodoloxías participativas, como cartografías colaborativas ou traballos de campo de observación e recoñecemento do territorio. Durante o seminario, seis centros expuxeron as experiencias postas en marcha recentemente co foco no dereito ao hábitat, a relación coa contorna, a participación do alumnado e a aplicación curricular nunha realidade próxima e real, a fin de identificar as boas prácticas comúns a este tipo de proxectos.

Nesta terceira entrega do ciclo de falangullos Habitando o rural contamos hoxe con Rocío Romar Roel, docente do IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, e con Susana Trigo Arcos, docente do IES de Pontecaldelas, para que compartan con todas nós a súa experiencia de varios anos neste eido:

Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

  • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II

Subscrición

Feed | Apple Podcast | Spotify

Contacto

galicia@asfes.org

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.