O pasado mes de marzo arrancamos un novo proxecto para formación das persoas voluntarias de ASF Galicia. Ao longo dos vindeiros meses do ano 2025 desenvolveremos diversas actividades dirixidas a fortalecer a nosa estrutura organizativa en materia de formación, mellorar o acompañamento do ciclo do noso voluntariado a través da formación permanente, e promover un programa de formación para aquelas persoas voluntarias interesadas na defensa do Dereito ao Hábitat Rural.
Prevense desenvolver, entre outras, accións de diagnose, formación, e elaboración de material formativo. Agardamos sacar bo proveito de todas as actividades.
O proxecto Formación para o Dereito ao Hábitat Rural está financiado con cargo á convocatoria da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2024.


Deixa unha resposta