Desde ASF desenvolvimos un proceso de indagación, con diversos axentes que forman parte de comunidades educativas en Galicia, tendo como foco as seguinte a pregunta: Como facer uns hábitats educativos que proporcionen vidas boas a todo o mundo, experiencias que mereza a pena ser vividas? Este material é froito da observación, da escoita, da facilitación…
Devagar, decembro 2023
É difícil abstraerse da idea dun ano que remata e non reflexionar sobre o acontecido durante os pasados doce meses. 2023 marcha deixándonos un peor escenario climático, grandes desigualdades e situacións que estremecen ao longo da xeografía. 2024 chega para que poidamos seguir traballando arreo e pensamos que a lectura e a información son claves…
Devagar, Novembro 2023
Mañá comeza decembro. Temos días festivos por diante no que ademais de xuntanzas, reencontros e troula, quizais busquemos espazos para descansar, ler e apartarmos do algareo destas datas. Gustaríanos tamén acompañar a quen sinta unha soidade non buscada. Quizais veña ben abrir unha carta de novas na caixa do correo. Se cadra Devagar chega cando…
Curso Dereito ao Hábitat: ecofeminismo, urbanismo e barrios de coidados
Formación aberta a toda persoa interesada e de balde, no marco do Proxecto Agra: un barrio de coidados que Arquitectura Sen Fronteiras está a desenvolver en consorcio co Mestrado de Política Social e Intervención Sociocomunitaria da UDC, e que conta coa participación activa do IES Agra I, o CEIP Raquel Camacho e varias entidades sociais…
Arrincamos en setembro dous novos proxectos de Educación
ASF Galicia presentou dous proxectos á convocatoria de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global da DXREUE da Xunta de Galicia. Ambos foron aprobados e iniciaron a súa execución en setembro. AGRA: Un barrio de coidados Fase 1 Proxecto liderado por ASF e realizado en consorcio coa Universidade da Coruña, concretamente con alumnado e…
Exposición ‘Un mundo de moito coidado’
No marco do proxecto de educación “Participar para coidar” Fase 3, financiado pola DXREUE da Xunta de Galicia, elaboramos a exposición Un mundo de moito coidado. A idea xurde da Comisión Hábítat e coidados creada no IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña), como parte das estratexias de acción deste proxecto. ASF xunto con docentes do…
Curso Transformando 4. Cartografías Críticas
Presentamos a cuarta edición do curso Transformando, nesta ocasión continuamos afondando nase Cartografías Críticas. O curso Transformando concíbese como un espazo de formación presencial e transdisciplinar dirixido a actores multiplicadores clave na defensa e integración do Dereito ao Hábitat na educación e na xestión social do noso entorno: profesionais e estudantes das ciencias da educación,…
Devagar, novembro 2022
Chegou o frío a este recuncho peninsular. Menos mal. Non foi sen tempo. Compartimos con vós unha nova escolma de lecturas e pasatempos para poder argallar nestes días de choiva. Escoitade como peta o vento na xanela e deixádevos levar. Novembro 2022 | Suscripción
VIII Seminario HaEH: “Unha educación de moito coidado”
VIII Seminario HaEH “Unha educación de moito coidado” Nos Seminarios Hábitat a Escala Humana (HaEH) de 2018 , 2020 e 2021 abordamos a reflexión sobre a mellora dos hábitats educativos nas súas dimensións físicas, culturais, sociais e políticas. Construír colectivamente espazos, culturas e prácticas coidadoras para todas as persoas que dan vida aos centros educativos,…
I Encontro “Un IES de moito coidado”
Eres docente de secundaria, orientador ou orientadora? Eres representante dun anpa de secundaria? Preocúpache, traballas para, ou tes ideas para que os centros de secundaria sexan hábitats máis coidadores para as persoas que os habitamos, as relacións e o entorno? Desde o grupo de Educación de Arquitectura sen Fronteiras queremos informar e convidar a facer parte…