Chegou o momento de ver resultados!

Comezamos a semana inaugurando o punto de auga da Escola San Miguel las Pilas, proxecto educativo colaborativo entre ASF, PROIDE e as súas contrapates ASIAPRODI e PRODESSA, finalizando o acto cun almorzo con tamales e atol ao que nos convidaron.

A continuación fixemos unha visita a outro dos proxectos de educación con ditos participantes, o CREI, Centro de Recursos para a Educación Inclusiva.

Nos días seguintes tivemos visita a obra, comprobando ao ver os planos in situ que temos que facer reaxustes, e reunións moi efectivas co equipo de ASIAPRODI e PRODESSA.

Posteriormente dedicamos un día para ver os demáis proxectos educativos xa en funcionamento: a escola de Victorias 3 e El Manchón. Os menos e nenas volvéronse toliñas vendo gringas e unha réflex. Sairon escopetadas da aula gritando “foto, foto, foto!!! A ver, a ver, a ver!” Coitados dos e das mestras que lles interrumpimos a clase sen querer… Super riquiños tanto o alumnado como o profesorado, e da gusto ver tanto entusiasmo e curiosidade!

Cando chegamos ao Manchón impresionounos a arquitectura vernácula, os manglares e ese océano Pacífico quente que para nos, as voluntarias, era a primeira vez que o puidemos sentir.

A curiosidade levounos a adentrarnos por esas novas estradas que se estaban a esfaltar…”Pero que é o que está pasando aqui??” O Manchón está a tranformarse…Mentres tanto xa empezamos a planear a proxima finde volvemos ao aínda auténtico Manchón ;).

Para finalizar a semana deixamos a nosa pequena pegada cun mural no punto de auga da escola de Nueva Cajolá e seguidamente preparamos as mochilas para partir de escapada de aventuras cos rapaziños guatemaltecos do equipo.

Comezamos relaxadamente dándonos baños termais nas Fuentes Georginas para á noite darlle unha pizca de misterio á finde con lendas guatemaltecas ao redor dunha fogata na lagoa sagrada de Chicabal, á cal tivemos que esperar á mañá seguinte para poder vela realmente xa con día.

Para finalizar, visitamos Chichicastenango asistindo ao seu emblemático mercado e entre él duas igrexas elevadas decoradas con pétalos, fume e pequenos candís.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.