Imaxe 3D do edificio terminado
Comezaron as obras de construción do albergue comunitario da Comunidade Indíxena Mam Cajolá, que dará servizo ás 267 familias indíxenas, na súa maioría nais solteiras e viúvas, recentemente reasentadas no municipio de Champerico, Retalhuleu, Guatemala.
Esta construción inclúe unha área de albergue, adegas, cociña, unha área de lavado, duchas e catro sanitarios. Vaise construír grazas á colaboración de toda a comunidade e o financiamento da Generalitat Valenciana, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.
Como acto símbolico de colocación da primeira pedra plantouse unha árbore e realizouse unha cerimonia maia.
Compartir:
- Imprimir (Se abre en una ventana nueva) Imprimir
- Enviar unha ligazón a un amigo por correo electrónico (Se abre en una ventana nueva) Correo-e
- Compartir en X (Se abre en una ventana nueva) X
- Compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Compartir en LinkedIn (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn



Deixa unha resposta