Comunicación
Ao seu servizo e de forma transversal ao resto de grupos, en Comunicación xestionamos todo o relativo á comunicación tanto interna como externa de ASF Galicia.
Internamente poñemos á súa disposición e administramos ferramentas que fan máis doada a relación e o traballo en común de toda a demarcación: listas de correos, grupos de mensaxería, repositorios de arquivos e imaxes, etc.
Cara ao exterior de forma online administramos a páxina web e redes sociais da demarcación, elaboramos e publicamos noticias, lanzamos campañas, colaboramos co boletín electrónico de ASF España, editamos e publicamos o podcast Habitando, realizamos streamings de vídeo en directo, etc.
Tamén servimos de ligazón entre a organización e os medios de comunicación tradicionais, enviámoslles notas de prensa e recompilamos as novas que nos citen.