Arquitectura Sen Fronteiras ofrece a posibilidade de ter unha experiencia en terreo a estudantes universitarios, con especial preferencia nas persoas voluntarias da nosa demarcación en Galicia, que teñan interese no mundo da cooperación no eido da habitabilidade básica. Con este propósito publicamos a seguinte convocatoria para incorporar persoas voluntarias a proxectos a executar en GUATEMALA.
Os bolseiros e bolseiras colaborarán directamente coas persoas técnicas da organización trasladadas ao terreo, a contraparte local e as propias persoas beneficiarias, desempeñando tarefas propias do traballo de cooperación ao desenvolvemento.
nome |
país |
zona |
duración |
data inicio |
Proxecto de Coñecemento da Realidade |
Guatemala |
Retalhuleu |
De 1-3 meses |
Xullo/Novembro |
A concesión da convocatoria está condicionada á obtención do financiamento a través da convocatoria de PCR da UDC, que inclúe o billete de avión, o seguro da viaxe (accidentes e enfermidades) e achegas derivadas da manutención. O gastos de aloxamento e desprazamentos corren a cargo de ASF.
As solicitudes deberán presentarse antes do día 22 de febreiro do 2017 ás 14:00h no local de ASF-E Galicia, planta 2 da ETSAC, Campus da Zapateira, 15071, A Coruña ou ao e-mail guate.reu[@]asfes.org.
Deixar unha resposta