Arquitectura Sen Fronteiras ofrece a estudantes universitarios matriculados no curso 2018/2019 a posibilidade de realizar unha estadía en terreo no marco das bolsas ofertadas pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña “XIII Convocatoria de Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR) en programas de cooperación para o desenvolvemento 2019“.
Proxecto | País | Zona | Duración | Data inicio |
Proxecto de Coñecemento da Realidade |
Guatemala |
Retalhuleu |
De 1-3 meses |
Xullo/Novembro |
O traballo que realizarán as prazas ofertadas nesta convocatoria encádrase dentro dos proxectos desenvolvidos actualmente pola demarcación territorial de Galicia. Así mesmo realizarán tarefas de apoio o traballo realizado por ASF, de forma paralela a unha investigación ou traballo académico con valoración curricular.
As solicitudes deberán enviarse antes do día 6 de marzo ás 14:00h o e-mail gtguatemala.gal@asfes.org ou presentarse no local de ASF-E Galicia, planta 2 da ETSAC, Campus da Zapateira, 15071, A Coruña entregando a seguinte documentación:
- CV cos datos mais relevantes para a praza e coas actividades afíns realizadas
- Carta de motivación persoal para a participación na convocatoria
ACTUALIZACIÓN: Debido ao baixo número de candidaturas presentadas amplíase o prazo de presentación para optar á bolsa PCR ata o luns 11 de marzo ás 14:00 h.
Deixar unha resposta