Obxectivo da convocatoria
A presente convocatoria busca unha persoa ou un equipo que nos asesore no deseño dos pasos a dar e nas metodoloxías axeitadas para
Iniciar un proceso de sistematización do traballo realizado que nos permita mellorar a construción do noso marco conceptual e teórico, aprendendo da propia experiencia e proceso, e producindo coñecemento mediante a investigación-acción.
Para este proceso están comprometidos o grupo de educación de ASF, formado por persoas voluntarias de longo recorrido na entidade, con perfís de arquitectura e educación formal e non formal, e por unha técnica de educación (socióloga). Ademais, o grupo de ASF contará en momentos claves do proceso co acompañamento e aportes externos dun grupo de seis docentes da Facultade de Ciencias de Educación da UDC, coas que vimos colaborando en diversas experiencias educativas e que se brindaron a dar unha mirada e aporte externo a este proceso. A consultoría que se plantexa ven a completar este equipo a nivel de asesoramento e acompañamento metodolóxico.
Remuneración
A elaboración do proceso será obxecto dunha retribución bruta de 1500,00 Euros (IVE incluído). O pago realizarase integramente unha vez aprobada a proposta de traballo definitiva, a finais de decembro, unha vez rematada a Fase I da consultoría (ver termos de referencia completos).
Candidaturas
As persoas ou equipos interesados deberán enviar a súa candidatura á dirección gteducación.gal@asfes.org antes do día 25 de novembro de 2019, especificando:
- Solicitude firmada á que se postula (segundo anexo I)
- Datos de contacto
- Curriculum Vitae a creditando los méritos e coñecementos necesarios relacionados coa
avaliación de proxectos
Deixar unha resposta