Obxectivo da convocatoria
A presente convocatoria busca unha persoa ou un equipo que nos asesore no deseño dos pasos a dar e nas metodoloxías axeitadas para
A elaboración dun módulo formativo en liña sobre o traballo específico que se realiza en ASF Galicia para facilitar a formación das novas persoas voluntarias na fase de entrada e acollida á organización
no marco do Proxecto de xestión do voluntariado con incidencia nos coidados, na formación e na sensibilización no eido do traballo de Arquitectura sen Fronteiras – Galicia” financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Para este proceso están comprometido o grupo de de Voluntariado e Formación de ASF Galicia.
Tarefas a realizar
De xeito resumido, as tarefas a realizar agrúpanse nas seguintes fases:
- Deseño dos contidos. En colaboración co grupo de voluntariado, deseñarase o formato e a metodoloxía mais axeitada para expor os contidos (redacción dun módulo, material audiovisual, ilustracións, outros…)
- Elaboración do material. No formato escollido para a realización do modulo expoñer as areas de traballo de ASF-G, os proxectos realizados, os grupos existentes e o seu traballo etc. Os novos contidos elaboraranse en galego e castelán, facilitando o acceso do noso voluntariado á información en ambos idiomas.
- Maquetación e preparación do curso en liña na plataforma.
Remuneración
A elaboración do proceso será obxecto dunha retribución bruta de 800,00 Euros (IVE incluído). O pago realizarase integramente unha vez aprobada a proposta de traballo definitiva, a finais de outubro, unha vez rematado o traballo.
Candidaturas
As persoas ou equipos interesados deberán enviar a súa candidatura á dirección formación.gal@asfes.org antes do día 7 de setembro de 2020, especificando:
- Datos de contacto
- Curriculum Vitae a creditando los méritos e coñecementos necesarios relacionados coa
avaliación de proxectos - Carta de presentación
Deixa unha resposta