Convocatoria dunha praza de persoal técnico expatriado en Guatemala

Información en CASTELLANO en los TdR

A persoa contratada formará parte do actual equipo de persoal expatriado de ASFE (2 persoas no Departamento de Retalhuleu), apoiando e facéndose cargo das tarefas de coordinación e execución dos proxectos e construcións que a organización está a executar, xunto cos seus socios locais ASIAPRODI e PRODESSA, no Departamento de Retalhuleu, na costa sur de Guatemala.

A praza ofertada está dirixida a persoas técnicas en materia de construción, con formación en materia de auga e saneamento (arquitectura, arquitectura técnica ou similar) e con coñecemento e experiencia en materia de Dereito ao Hábitat e Cooperación.

Descrición do traballo

Sen prexuízo doutras funcións que poidan xurdir no desenvolvemento do traballo da organización, as principais responsabilidades do posto serán:

  • Xestión administrativa e coordinación técnica e económica dos proxectos
  • Coordinación con socios locais
  • Coordinación das actividades específicas dos proxectos
  • Xestión dos proxectos de construción e das actividades organizativas relacionadas:
    • Elaboración do proxecto de execución das construcións e de orzamentos
    • Dirección de obra e control económico
  • Xustificación técnica dos proxectos: elaboración de informes técnicos e financeiros, recompilación de fontes de verificación
  • Apoio nos labores de comunicación do grupo e representación institucional ante os medios
Condicións laborais

A contratación comezará a mediados de febreiro de 2026 cun período de indución na sede da Coruña (15 días) e posterior viaxe a Guatemala.

  • Período de formación en terreo e acompañamento das actuais expatriadas de 1 mes
  • Período de proba de 2 meses
  • Contrato ata decembro de 2026 con posibilidade de continuidade, incluídos dúas viaxes a España, unha en xuño e outra en decembro
  • Xornada laboral completa (37,5 horas/semana). Incluídos seguro de saúde e de vida
  • Localización: Oficina de ASIAPRODI en Retalhuleu, Guatemala
  • Salario: Segundo convenio de acción social (Categoría 2)
  • Salario bruto: 2.207 euros/mensuais
  • Axudas: 360 euros/mensuais para dietas
  • Vacacións: 23 días laborables por ano.
Reunión informativa e resolución de dúbidas

Realizarase unha reunión informativa o luns 15 de decembro ás 16:00 horas de España peninsular na sede da ASFE na Coruña (ETSAC, Campus da Zapateira) con opción de conexión telemática onde explicarase con máis detalle a praza ofertada e resolveranse dúbidas.

Para poder acudir á reunión necesítase inscribirse previamente no seguinte formulario.

Proceso de selección

Aquelas persoas interesadas nesta convocatoria deben enviar o seu currículo sinalando especialmente aqueles aspectos relacionados cos criterios de selección e unha carta de motivación. Enviar o cv e carta de motivación indicando referénciaa “CV Pesonal Expatriado” ata o día 31 de decembro de 2025 (incluído) á seguinte dirección: gtguatemala.gal@asfes.org

As persoas seleccionadas en base ao curriculum e carta de motivación poderán ser convocadas a unha entrevista persoal a semana do 12 de xaneiro. A resolución da praza farase pública no mes de xaneiro. No caso de non atopar un perfil adaptado ao solicitado, ASFE reservará a posibilidade de modificar os prazos.

MÁIS INFORMACIÓN: Términos de Referencia completos da convocatoria (castellano)

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.