Convocatoria dunha praza de persoal técnico expatriado en Guatemala

Información en CASTELLANO en los TdR

Oferta dirixida a persoas técnicas en cooperación ao desenvolvemento para facerse cargo das tarefas de coordinación e execución dos proxectos que a organización está a executar, xunto cos seus socios locais ASIAPRODI e PRODESSA, no Departamento de Retalhuleu, na costa sur de Guatemala.

Descrición do traballo

Sen prexuízo doutras funcións que poidan xurdir no desenvolvemento do traballo da organización, as principais responsabilidades do posto serán:

  • Xestión administrativa e coordinación técnica e económica dos proxectos
  • Coordinación con socios locais
  • Coordinación das actividades específicas dos proxectos
  • Fortalecemento das capacidades dos socios locais
  • Elaboración de contidos e metodoloxías das formacións
  • Formulación de proxectos
  • Xustificación técnica dos proxectos: elaboración de informes técnicos e financeiros, recompilación de fontes de verificación
  • Apoio nos labores de comunicación do grupo e representación institucional ante os medios
  • Aplicar o plan de seguridade de ASF
Condicións laborais

O período do contrato comezará en novembro cun período curto de indución na sede da Coruña e posterior viaxe a Guatemala. Período de formación en terreo e acompañamento de persoal de ASF desprazado a terreo de 3 semanas.

  • Período de proba de 2 meses
  • Contrato ata setembro de 2024 con posibilidade de continuidade, incluídas dúas viaxes a España ao ano
  • Xornada laboral completa
  • Incluídos seguro de saúde e de vida
  • Localización: Oficina de ASIAPRODI en Retalhuleu, Guatemala
  • Salario: Segundo convenio de acción social (Categoría 2)
  • Vacacións: 32 días laborables por ano.
Reunión informativa e resolución de dúbidas

Realizarase unha reunión informativa o mércores 20 de setembro ás 16:00 horas de España na sede da ASF na Coruña (ETSAC, Campus da Zapateira) con opción de conexión telemática e onda se explicará con máis detalle a praza ofertada e se resolverán dúbidas.

Para poder acudir á reunión e necesario inscribirse no seguinte formulario.

Proceso de selección

As persoas interesadas deben enviar o seu currículo sinalando especialmente aqueles aspectos relacionados cos criterios de selección e unha carta de motivación, indicando a referéncia “CV Personal Expatriado” ata o día 25 de setembro de 2023 (incluído) á seguinte dirección: gtguatemala.gal@asfes.org

As persoas seleccionadas poderán ser convocadas a unha entrevista persoal. A resolución da praza farase pública a principios de outubro. No caso de non atopar un perfil adaptado ao solicitado, ASF reservase a posibilidade de modificar os prazos.

MÁIS INFORMACIÓN: Términos de Referencia completos da convocatoria (castellano)

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.