Información en CASTELLANO en los TdR
Ofertada dirixida a persoas técnicas en materia de construción, auga e saneamento (enxeñería, arquitectura, arquitectura técnica ou similar) e con coñecemento e experiencia en materia de Dereito ao Hábitat e Cooperación, para facerse cargo das tarefas de coordinación e execución das construcións incluídas nos proxectos que a organización está a executar, xunto coas súas socias locais ASIAPRODI e PRODESSA, no Departamento de Retalhuleu, na costa sur de Guatemala.
Descrición do traballo
Sen prexuízo doutras funcións que poidan xurdir no desenvolvemento do traballo da organización, as principais responsabilidades do posto serán:
- Xestión administrativa e coordinación técnica e económica dos proxectos
- Coordinación coas socias locais
- Coordinación das actividades específicas dos proxectos
- Xestión do proxecto de construción e das actividades organizativas relacionadas con ela
- Elaboración do proxecto de execución das construcións e dos orzamentos
- Dirección de obra e control económico
- Xustificación técnica dos proxectos: elaboración de informes técnicos e financeiros, recompilación de fontes de verificación
- Apoio nas labores de comunicación do grupo e representación institucional ante os medios
- Aplicar o plan de seguridade de ASF
Condicións laborais
O contrato comezará a última semana de marzo cun período curto de indución na sede da Coruña e posterior viaxe a Guatemala. Período de formación en terreo e acompañamento da actual expatriada de 1 mes.
- Período de proba de 2 meses
- Contrato ata decembro de 2023 con posibilidade de continuidade, incluídas dúas viaxes a España, unha en xuño e outra en decembro
- Xornada laboral completa
- Incluídos seguro de saúde e de vida
- Localización: Oficina de ASIAPRODI en Retalhuleu, Guatemala
- Salario: Segundo convenio de acción social categoría 2
- Vacacións: 32 días laborables por ano traballado
Reunión informativa e resolución de dúbidas
Realizarase unha reunión informativa o venres 10 de febreiro ás 16:00 horas de España na sede da ASF na Coruña (ETSAC, Campus da Zapateira) con opción de conexión telemática. Explicarase con máis detalle a praza ofertada e resolveranse dúbidas.
Para poder acudir á reunión e necesario inscribirse no seguinte formulario.
Proceso de selección
Enviar o cv e carta de motivación indicando referénciaa “CV Pesonal Expatriado” ata o día 21 de febreiro de 2023 (incluído) á seguinte dirección: gtguatemala.gal@asfes.org
As persoas seleccionadas poderán ser convocadas a unha entrevista persoal. A resolución da praza farase pública o día 28 de febreiro. No caso de non atopar un perfil adaptado ao solicitado, ASF reservará a posibilidade de modificar os prazos.
MÁIS INFORMACIÓN: Términos de Referencia completos da convocatoria (castellano)
Deixar unha resposta