Convocatoria para a realización da Liña de Base do Proxecto de EpD 2017-2018

TERMOS DE REFERENZA COMPLETOS [PDF]

Contexto

A presente convocatoria ten como obxectivo a selección dunha persoa ou equipo consultor para a elaboración da liña de base do Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña promovido pola ONGD Arquitectura Sen Fronteirase en colaboración coa Universidade de A Coruña co cofinanciamento da Subdirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia.

Esta liña de base deberá recoller a situación inicial sobre o coñecemento do dereito ao hábitat e as súas dimensións de xénero e interculturalidade, os seus xeitos de gobernanza dos axentes multiplicadores que participan no proxecto: facultade de educación e educación social da UDC, así como reflectir como estas temáticas están presentes nos seus propios programas de formación así como do alumnado e profesorado do IES Ramón Menéndez Pidal que participa no proxecto.

A través da presente convocatoria publícase a oferta de consultaría para a realización da seguinte asistencia técnica coas seguintes tarefas resumidas en catro fases:

  • Fase 1 Planificación da liña de base. Definición e deseño
  • Fase 2 Elaboración da liña base
  • Fase 3 Redacción do informe de síntese final
  • Fase 4 Presentación de informe final e resultados
Obxectivos

O obxectivo fundamental desta liña de base é fortalecer as capacidades e coñecementos de ASF para mellorar a xestión técnica do proxecto e enfoque político xerando coñecemento específico sobre o contexto de intervención e o desenvolvemento das acción procurando información sobre os axentes multiplicadores participantes no resultado 1 “Axentes multiplicadores pola seu papel na educación, intervención, xestión e transformación do hábitat están sensibilizados e formados para traballar o Dereito ao hábitat desde un enfoque social, de xeito participativo e atendendo á perspectiva de xénero e intercultural” e na comunidade educativa do resultado 2.

Metodoloxía

A metodoloxía a seguir será a que o equipo consultor defina como deseño metodolóxico máis axeitado para liña base que se propón (entregar breve esquema Anexo II), sempre garantindo o debido rigor.

Prazos e Seguimento

Período da asistencia: de setembro a decembro de 2017.

  • 18/08/17 – Lanzamento da convocatoria e apertura do prazo de recepción de candidaturas. (Anexo I y II)
  • 28/08/17 – Finalización do prazo de recepción de candidaturas
  • 31/08/17 – Resolución da convocatoria
  • 04/09/17 – 20/12/17 – Realización dos traballos de consultoría. O proceso desenvolverase da seguinte forma, sendo as datas orientadas, se ben o deseño da liña de base e os informes intermedio e final teñen que entregarse nas datas sinaladas
    • 04/09/17 – 18/09/17 -Elaboración e presentación do borrador da liña de base e retroalimentación co equipo de ASF e profesorado da UDC Inclusión de suxestións e redacción do deseño definitivo. Fase I
    • 19/09/17 – 21/11/17 – Execución da liña de base. Fase II
    • 22/11/17 – 30/11/17 – Elaboración do informe e presentación ao equipo do proxecto que revisará os contidos e realizará retroalimentación co equipo consultor para ter en conta a elaboración do informe final e máis das propostas de indicadores se fora preciso. Fase III
    • 01/12/2017 – 15/12/2017 – Elaboración do informe final e presentación ao equipo de educación de ASF e responsable profesorado UDC que realizará retroalimentación
    • 16/12/2017 – 20/12/2017 – Incorporación de últimas modificacións e entrega final. Fase IV.
Remuneración

A elaboración da liña de base será obxecto dunha retribución bruta de 2000,00 Euros (IVE incluído) e distribuirase do seguinte xeito trala emisión das facturas correspondentes. Pago fraccionado segundo ás seguintes fases:

  • Inicio Fase II 50%
  • Fin fase IV 50%
Candidaturas

As persoas ou equipos interesados deberán enviar a súa candidatura á dirección gteducación.gal[@]asfes.org antes do día 28 de agosto de 2017, especificando:

  • Solicitude firmada á que se postula (segundo anexo I)
  • Esquema guión inicial da proposta de liña de base – metodoloxía-(segundo anexo II)
  • Datos de contacto
  • Curriculum Vitae acreditando os méritos e coñecementos necesarios relacionados coa avaliación de proxectos
Criterios de Selección

Sobre una puntuación total de 100p:

  • Experiencia profesional demostrada en relación á elaboración de liñas de base e avaliacións, e especial no eido da Educación (ata 60p)
  • Experiencia pedagóxica ou no ámbito da educación, a participación e as TIC (ata 15p)
  • Formación pedagóxica e titulación académica relacionada co terceiro sector (ata 10p)
  • Cursos de especialización e/ou posgrao relacionados coa Educación para o desenvolvemento ou a Cooperación (ata 10p)
  • Compromiso por escrito de entregar a documentación en castelán e galego (5p).

No caso de empate darase prioridade (por esta orde):

  • Aos equipos antes que ás persoas individuais.
  • A persoas e equipos do ámbito da comunidade autónoma galega.

TERMOS DE REFERENZA COMPLETOS [PDF]

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.