Creación e impulso da cooperativa B’eljuj Q’anil
de fabricación de materiais de construción
Champerico, Departamento de Retalhuleu. 2009-2012
Outros Proxectos
Como parte da intervención de Arquitectura Sen Fronteiras dentro do Programa Oxlajuj Tz'ikin propúxose a creación dunha actividade produtiva comunitaria vinculada á construción, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento local das comunidades. Dita actividade estaría orientada á fabricación e venda de bloque de formigón e de tella de microcemento.
Pola complexidade da intervención, o proceso realizouse ao longo dos catro anos de duración do programa. Nunha primeira fase, compráronse os equipos, construíronse as instalacións e levaron a cabo as capacitacións de operarios da maquinaria. Posteriormente, mentres se perfeccionaban os procesos, fabricouse exclusivamente o material para a construción das vivendas do proxecto e, finalmente unha vez que as dinámicas de traballo e funcionamento foron asumidas, procedeuse a crear legalmente a actividade produtiva, nacendo deste xeito, a Cooperativa Integral de Produción B'eljuj Q'anil R.L.
A cooperativa está formada polas dezaoito comunidades que participaron no proxecto Oxlajuj Tz'ikin, estando compostos os seus órganos de goberno por líderes e lideresas membras de cada unha delas. Sobre estas persoas lideresas, durante a posta en marcha da actividade, recaeu a responsabilidade de elaborar os estatutos e regulamentos de funcionamento, de acordo ás súas propias expectativas e conviccións. Como parte destes regulamentos internos cabe destacar os obxectivos que se expoñen con esta iniciativa:
- Converterse nunha fonte de traballo estable para as comunidades
- Facilitar o acceso da poboación a materiais de calidade, a través de prezos axustados
- Executar proxectos sociais cos beneficios xerados coas vendas
A importancia deste proxecto radica na súa vocación de futuro. A través desta cooperativa a poboación das comunidades pode dispoñer dunha ferramenta de xeración de recursos para traballar, de xeito autónomo e independente, no seu propio desenvolvemento.

Nome do proxecto: Programa Oxlajuj Tz'ikin
Lugar: Departamento de Retalhuleu, Guatemala
Data de execución: 2009-2012
Financiador: Xunta de Galicia
Presuposto: 106.162€
Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia
Contraparte: ASIAPRODI
Ficha: PDF