Diagnóstico educativo en Champerico
e planificación estratéxica para á mellora de calidad educativa.
Departamentos de Retalhuleu. 2016-2017
Outros Proxectos
Tras unha serie de intervencións puntuais en materia de calidade educativa levadas a cabo por Arquitectura Sen Fronteiras, ASIAPRODI e PRODESSA, suscítase dende estas organizacións, a inquietude de abordar os problemas e déficits educativos (formativos e de infraestrutura) nos municipios de Champerico e Retalhuleu, dende unha escala territorial e cunha visión a medio e longo prazo.
Dende este enfoque, co visto bo das autoridades locais a quen se lle entrega o documento resultante (Ministerio de Educación de Guatemala e Municipalidade de Champerico) e o apoio do Concello da Coruña, suscítase a elaboración dun diagnóstico da situación educativa de Champerico e Retalhuleu para, posteriormente, definir un plan de accións que corrixan as deficiencias existentes e melloren a calidade da formación do estudantado desta rexión vulnerable de Guatemala. Este diagnóstico e plan de acción divídese en dúas partes complementarias: por unha banda a situación pedagóxica e formativa, traballada pola organización especializada PRODESSA, e por outra a calidade e o estado das infraestruturas educativas, que lidera Arquitectura Sen Fronteiras.
No que corresponde ao diagnóstico das infraestruturas educativas, o traballo céntrase en dous aspectos:
- A cobertura da rede de centros, verificando si todas as poboacións do área estudada están correctamente atendidas
- O estado dos centros educativos existentes, valorando a necesidade de reparacións, melloras ou ampliacións
A partir desta información e da súa análise establécense, finalmente, as accións básicas necesarias para a adecuación da rede de centros educativos. Esta proposta acompáñase dun orzamento estimado co obxectivo de visualizar os costos dunha intervención de acondicionamento completa para a rexión estudada.
Nome do proxecto: Cooperación técnica para a elaboración dunha ferramenta de planificación de accións estratéxicas para mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero nas áreas vulnerables do Municipio de Champerico, Retalhuleu, Guatemala
Lugar: Departamento de Retalhuleu, Guatemala
Data de execución: 2016-2017
Financiador: Concello da Coruña
Presuposto: 29.630 €
Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia
Contraparte: ASIAPRODI, PRODESSA, FODHAP, Cooperativa Hábitat Social
Ficha: PDF
Documentos finales:
- Diagnóstico Educativo en Champerico (PDF, 88,7 Mb)
- Resumen Ejecutivo Diagnóstico Educativo (PDF, 2,7 Mb)