Elaboración de escrituras de propiedade das vivendas
no marco do programa Oxlajuj Tz'ikin
Champerico, Departamento de Retalhuleu. 2010-2011
Outros Proxectos
A elaboración das escrituras legais de propiedade das vivendas pechou o proxecto de habitabilidade executado por Arquitectura Sen Fronteiras como responsable da liña de construción de vivenda do Programa Oxlajuj Tz'ikin.
Máis aló da importancia legal do documento, a motivación principal do proxecto era establecer a propiedade da vivenda a nome de ambos os cónxuxes, ao contrario do que tradicionalmente sucede neste contexto onde o home é o que dispón dos bens da parella. Esta medida supoñerá que en caso dunha ruptura familiar garántase que a muller e os seus fillos menores, por quedar estes normalmente baixo a responsabilidade da nai, non queden en situación de desafiuzamento.
Para este proxecto contouse coa participación de diversos financiadores españois: a Xunta de Galicia, o Concello da Coruña, a Fundación Roviralta e diversos particulares que puideron facer as súas doazóns a través do sistema de micro-financiamento que ASF habilitou para tal efecto. Isto permitiu que en xaneiro de 2013 concluísese a elaboración e entrega das escrituras de propiedade, pechando así o traballo de mellora das condicións de habitabilidade desenvolvido ao longo de catro anos que serviu para dotar dunha vivenda digna a 230 familias.
Nome do proxecto: Proxecto de mellora da habitabilidade básica a través da obtención da garantía xurídica de propiedade de 230 vivendas de familias en condicións de vulnerabilidade en Retalhuleu, Guatemala
Lugar: Departamento de Retalhuleu, Guatemala
Data de execución: 2010-2011
Financiador: Xunta de Galicia, Concello da A Coruña, Fundación Roviralta e outras achegas privadas
Presuposto: 2.971,03€
Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia
Contraparte: ASIAPRODI
Ficha: PDF