Fichas Técnicas de Materiais de Construción
para proxectos de Habitabilidade Básica
A Coruña (Galicia) e Retalhuleu (Guatemala). 2010
Outros Proxectos
Grazas ás bolsas do Proxecto de Coñecemento da Realidade (PCR) da Universidade da Coruña, no ano 2010 Cristina Blanco e Paula Morales participaron nos proxectos de Arquitectura Sen Fronteiras en Guatemala. Colaboraron en distintas actividades vinculadas ao Programa de Desenvolvemento integral Oxlajuj Tz'ikin no que participaba ASF xunto a outras ONGDs.
Un dos traballos que realizaron foi a redacción dunhas fichas sobre varios materiais de construción axeitados para proxectos de habitabilidade básica: tellas de microconcreto, bloques e paneis de formigón (que ASF xa usaba nos seus proxectos na zona) e adobe, tapial e bambú (que ASF estaba a plantexarse utilizar).

Nome do proxecto: Elaboración de fichas técnicas de materiais de construción axeitados para proxectos de habitabilidade básica
Lugar: Departamento de Retalhuleu, Guatemala, e A Coruña, Galicia
Data de execución: 2010
Financiador: Universidade da Coruña
Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia
Contraparte: ASIAPRODI
Fichas Técnicas:
- Tellas de Microconcreto
- Bloque de Formigón
- Panel de Formigón
- Adobe-Tapial
- Bambú