Proxecto de apoio á Cooperativa B’eljuj Q’anil
a través da adquisición dun vehículo de transporte
Champerico, Departamento de Retalhuleu. 2015
Outros Proxectos
O proxecto ten como obxectivo impulsar a iniciativa produtiva comunitaria de carácter social B'eljuj Q'anil que Arquitectura Sen Fronteiras, desde os seus inicios en 2010, acompaña no departamento de Retalhuleu, Guatemala.
Dende ese momento a cooperativa traballa de xeito independente vendendo materiais na contorna e constituíndo unha fonte de traballo para a poboación. Durante os últimos anos de traballo observouse que os resultados da cooperativa, sen ser negativos, estaban por baixo das expectativas esperadas e do potencial e capacidades das persoas que as compoñen.
Diagnosticáronse varios obstáculos ou dificultades, entre eles, a ausencia dun vehículo para o transporte de materiais. Esta carencia situaba á cooperativa nunha situación de desvantaxe con respecto ás empresas da cabeceira do departamento que teñen maiores recursos e capacidade de investimento.
A través deste proxecto procedeuse á adquisición dun vehículo para o transporte de materiais podendo visualizar como supuxo unha mellora para a produtividade da cooperativa a través dos seguintes aspectos
- Rebaixou os custos de transporte de agregados para a fabricación dos materiais (bloques e tellas)
- Rebaixou os custos de transporte do material acabado
- Mellorou o servizo ofrecido pola cooperativa, ao poder trasladar o material terminado dende a planta de fabricación ata as obras dos clientes
- Permitiu establecer un novo servizo na cooperativa: o frete de produtos
Por outra banda, estes aspectos non só supoñen unha mellora cualitativa a nivel produtivo, senón que viñeron a motivar e dinamizar ao persoal, aos directivos e ao conxunto da cooperativa tras un período de incerteza, no que sentían moitas dificultades á hora de competir coas empresas de maior nivel da cabeceira municipal.
Nome do proxecto: Apoio á cooperativa B’eljuj Q’anil para a adquisición dun vehículo de transporte
Lugar: Departamento de Retalhuleu, Guatemala
Data de execución: 2015
Financiador: Fundación Roviralta
Presuposto: 8.000 €
Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia
Contraparte: ASIAPRODI
Ficha: PDF