Cooperación Local

O Grupo de Cooperación local constitúese no ano 2007 formado por persoas socias e voluntarias de ASF implicadas na acción social no ámbito de A Coruña e vencelladas á escola de Arquitectura da Coruña. Nunha etapa inicial promovemos actividades orientadas á sensibilización sobre a accesibilidade e a diversidade na arquitectura e o urbanismo. Pronto ampliamos o noso ámbito de traballo para reflexionar sobre os procesos de cambio que se producen na cidade, realizando accións de denuncia e investigación sobre os procesos de xentrificación e especulación urbanística. Así, no grupo traballaremos dende o concepto da Cidade Invisible para interpretar a súa influencia sobre a exclusión social dunha parte esquecida da cidadanía: a poboación chabolista.

A partir de 2009 comezamos a traballar nos asentamentos precarios da Coruña, acompañando ao barrio xitano de As Rañas no cumplimento dos compromisos municipais para a mellora das vivendas e das condicions de habitabilidade na súa contorna. Desde este momento, as nosas accións teñen como obxectivo xeral promover a inclusión social desta poboación na cidade da Coruña traballando para satisfacer as necesidades fundamentais das persoas a partir do cumprimento das condicións básicas de habitabilidade e a neutralización das pautas racistas e discriminatorias na cidadanía e nos poderes públicos.

No ano 2011 comezamos a traballar tamén no asentamento precario de A Pasaxe, solicitado pola propia poboación presionada pola ameaza constante do desaloxo sen ter garantida ninguna seguridade xurídica ou social. O aumento das solicitudes de apoio das familias, fortaleceu o equipo de persoas voluntarias e a nosa base social, imprescindible para continuar traballando na defensa do dereito a un hábitat digno a partir do traballo en rede, o compromiso persoal e o contacto directo coa poboación.

Cooperación Local