Asentamentos Precarios da Coruña
Asentamentos Precarios da Coruña
Identificación dos asentamentos
Coa intención de contextualizar o problema do chabolismo, ASF remóntase aos anos 80 cando a primeira intervención de desmantelamento dun asentamento xerou os poboados de Penamoa, As Rañas e Ponte Pasaxe.
Neste tempo, a maioría dos asentamentos chabolistas da Coruña situábanse en terreos marxinais dentro de zonas urbana (Orillamar, San Roque de Afora, Vioño, Casablanca, Oleoducto, A Cubela, Urbanización Soto...) e polo tanto contaban coas vantaxes das mellores condicións de comunicación e accesibilidade para as relacións laborais baseadas en actividades informais non reguladas: descargas no porto, recollida de chatarra e cartón, venda ambulante, recollida e venda de percebes e marisco, montaxe de postos nas feiras, etc., e dispoñían de servizos urbanos comunitarios próximos aos asentamentos (luz, saneamento, recollida de lixo, etc.).
A desaparición do asentamento chabolista situado en A Cubela no ano 1983-84 provocada polo valor estratéxico e económico da zona (na que se atopa actualmente El Corte Inglés), supuxo o desprazamento forzoso dos seus residentes e a formación, como consecuencia do mesmo, de tres novos asentamentos chabolistas situados na periferia da cidade: As Rañas , Penamoa e A Pasaxe.
Actualmente existen tres asentamentos precarios en A Coruña (Barrio do Campanario en O Portiño, Parcela Gabarri Borja en As Rañas e o Asentamento Chabolista de A Pasaxe), e un asentamento virtual correspondente á precaria realidade que está a vivir a poboación que procede do Poboado de Penamoa, recentemente desmantelado.